• DETECTIVE FERRUCHI

    VILLAR, MARTA XERAIS Ref. 9788411105910 Ver otros productos de la misma colección Ver otros productos del mismo autor
    Sol Cortés decide darlle un xiro radical á súa vida. Deixa a cidade onde vive e o seu traballo como padronista en Inditex para regresar á súa vila natal, despois de moitos anos, e abrir unha libraría. Aos poucos días aparece brutalmente asasinado Xan Sequeiro, un veterinario introvertido e cun don e...
    Dimensions: 230 x 155 x 35 cm Peso: 622 gr
    Per confirmar
    21,95 €
  • Descripció

    • ISBN : 978-84-1110-591-0
    • FechaEdicion : 01/10/2024
    • AñoEdicion : 2024
    • Idioma : Gallego
    • Autores : VILLAR, MARTA
    • NumeroPaginas : 480
    • Coleccion : EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
    Sol Cortés decide darlle un xiro radical á súa vida. Deixa a cidade onde vive e o seu traballo como padronista en Inditex para regresar á súa vila natal, despois de moitos anos, e abrir unha libraría. Aos poucos días aparece brutalmente asasinado Xan Sequeiro, un veterinario introvertido e cun don especial para curar animais. A trama céntrase na investigación paralela deste crime que realiza Sol e durante as súas pescudas xorden unha morea de personaxes peculiares e sorprendentes que amosan, unhas veces con humor e outras con gravidade, temas da sociedade actual que invitan á reflexión.
    Ao longo da historia visibilízanse colectivos minoritarios que reivindican o valor da diferenza e rachan cos prexuízos. «Detective Ferruchi» tamén lles dá voz a todas esas mulleres que desde os anos oitenta axudaron a levantar un imperio téxtil internacional grazas ao seu traballo nas cooperativas. Un traballo duro pero que para moitas significou a súa independencia económica.
    «Detective Ferruchi», de Marta Villar, é unha novela coral e divertida contada cun ton irónico e eficaz que consegue manter a intriga ata o final.